O Concello de Nigrán amplía ata o 29 de outubro o prazo de inscrición para o curso gratuíto “Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados” organizado polo Concello no marco do Programa “Tecendo Lazos”. Será impartido do 4 de novembro ao 5 de decembro (luns e xoves) no Local da Asociación de Veciños de Priegue, en horario de 18:00 a 19:30 horas.
O curso está destinado prioritariamente a persoas empadroadas en Nigrán. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 6 anos
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor (menores de 12 a 17 anos non acompañados) e fotocopia de volante de empadroamento.
Para máis información na Oficina de Atención Cidadá 986 365 000.

