Sin categoría

Obradoiro “A cidade violeta” por Anxo Fariña na Biblioteca de Baiona

A Biblioteca Municipal de Baiona acolle este martes 22 de outubro ás 18:00 horas o obradoiro “A cidade violeta”, a cargo de Anxo Fariña, no marco do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. As inscricións para a actividade, dirixida a nenos e nenas de 6 a 11 anos, poden realizarse de balde na propia Biblioteca ou no teléfono 986 35 59 43. Hai 20 prazas dispoñibles. En caso de non se cubrir as prazas, poderán asistir no mesmo día, os usuarios que non estiveran anotados previamente, así coma, a criterio dos monitores, ampliar a franxa da idade dos asistentes.