O vento obriga a suspender os traballos no Cova Terreña

As condicións meteorolóxicas da pasada xornada obrigaron a suspender os traballos de rehabilitación que se están levando a cabo no CPI Cova Terreña e que estes días están a centrarse na renovación de cubertas. A decisión foi dada a coñecer aos pais mediante unha circular na que explicaba que os traballos quedan suspendidos ata unha nova valoración do técnico de seguridade, motivada polo forte temporal de choiva e vento.

Anuncios