Charla de Eva Mejuto en Nigrán sobre o seu libro “Memorias do Silencio”

Concello de Nigrán e Instituto de Estudos Miñoráns ofrecen mañá mércores ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla de Eva Mejuto sobre o seu libro “Memorias do Silencio”, enmarcada na programación especial da “Volta das Nove”.

Trátase dunha novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial. Esta está protagonizada polas irmás Touza, que desde Ribadavia crearon unha rede de evasión para afastar aos xudeus do holocausto nazi salvando a máis de 500. Finalista do Premio Jules Verne, Mejuto regresa á narrativa xuvenil con esta obra, logo da súa incursión con “22 segundos”.