As análises no CPI Cova Terreña revelan unha concentración de amianto por baixo do límite

A dirección do CPI Cova Terreña de Baiona fixo público este luns o informe preliminar cos resultados das seis mostras de fibras de amianto en aire tomadas con data de 27 de setembro en varios puntos da zona da cuberta do centro, nas que se retiraron previamente as placas de fibrocemento. Enviadas as mostras ao laboratorio de análise Echevarne, remitiron os resultados dos mesmos o pasado 4 de outubro.

“En todas as mostras obtense un valor de concentración de fibras por baixo de 0,001 fibras/cm3, que é o valor límite de referencia máis amplamente utilizado”, sinala no informe José Francisco Canosa Sanjurjo, Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais de Ibersys. “Unha vez se execute a toma de mostras para o resto da cuberta e se obteñan os resultados do laboratorio elaborarase o correspondente informe conxunto”, conclúe.

Anuncios