Castañas, mexillóns e sándwiches para celebrar o Motomagosto en Gondomar

O Moto Club A Cento Cien celebrou este sábado a IX edición do Motomagosto, organizado coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, coa participación de centos de motoristas que se achegaron ata a Vila Condal. O evento comezou cunha ruta moteira polas rúas do centro urbano para logo completar un percorrido por Vincios, o Galiñeiro, Prado, o Monte Aloia e Tui para finalizar de novo xunto ao campo de fútbol de As Cercas. Os asistentes puideron degustar de maneira gratuíta máis de 100 quilos de castañas, e nesta ocasión, tamén uns 100 quilos de mexillóns e sándwiches, pola escaseza do produto típico do outono. Tampouco faltou a música e o sorteo de agasallos.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios