Baiona acolle os actos do Día da Hispanidade

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Baiona, celebra na Real Vila o Día da Hispanidade, que terá lugar este sábado 12 de outubro a partir das 17:45 horas coa recepción das autoridades civís e militares convidadas no Salón Medieval do Parador de Turismo “Conde de Gondomar”.

Ás 18:15 comezará o acto institucional, coas intervencións do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, o Decano e Cónsul de Polonia, Juan M. Vieites Baptista de Sousa, en representación do Honorable Corpo Consular Acreditado en Vigo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

A continuación, pecharase o acto coa ofrenda de coroas e a interpretación dos Himnos de Galicia e España por parte da Banda de Música de Baiona. Os asistentes poderán gozar despois dun viño galego de confraternidade.

Anuncios