A Cento Cien celebra a IX edición do Motomagosto en Gondomar

O Moto Club A Cento Cien, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, celebrará este sábado 12 de outubro a IX edición do Motomagosto. Ás 16:30 horas realizarase un roteiro moteiro, que percorrerá as rúas do centro urbano e as parroquias do municipio, para regresar ao Campo de As Cercas, onde se repartirán de maneira gratuíta castañas e mexillóns entre todos aqueles que se acheguen, xa que o evento está aberto ao público en xeral, non só aos moteiros. Tamén haberá música, bebidas, sorteos e agasallos.

Anuncios