Curso gratuíto de auxiliar de albanelería dirixido a desempregados en Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Obras no CEIP Mallón.

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de “Operacións auxiliares de albanelería” dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio que posúan, como mínimo, o Graduado Escolar e/ou equivalente. O prazo de inscrición é do 7 ao 13 de outubro no Rexistro Municipal ou Sede Electrónica e a formación arrancará o 4 de novembro. O Concello quere deste xeito contribuír a aumentar as posibilidades de inserción laboral da veciñanza en paro.

O obxectivo é que o alumnado adquira os coñecementos teórico/prácticos necesarios para obter as competencias propias para desenvolver tarefas características do sector tales como coñecemento de útiles e ferramentas empregados na construción de muros e fachadas, colocación de niveis, ladrillo e bloque cortado de pezas, control de calidade e provisión de materiais…

O Concello sufraga integramente esta acción, o que implica unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación e emprego, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dito financiamento completo.

Esta actividade, terá unha duración de 140 horas teórico/prácticas, que inclúen un módulo de prevención de riscos laborais, e ten previsto o seu inicio o 04 de novembro de 2019.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 07 ao 13 de outubro, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e, sempre que seca tecnicamente posible, no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, achegando a totalidade da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Emprego, no 986-365000 (extensión 7) e co Centro Antena no teléfono 986 366 572 ou formular consultas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org, orlaboral@nigran.org e centroantena@nigran.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicación.

Anuncios