O tripartito de Baiona autoriza unha placa dos asasinados na Volta dos Nove rexeitada polo PP hai 10 anos

O Concello de Baiona vén de autorizar a colocación da placa que homenaxeará e lembrará, no cemiterio municipal, aos nove veciños miñoráns asasinados na Volta da Bombardeira en outubro de 1936. A colocación desta placa da autoría de Fernando Casás, que na primavera de 2009 o goberno municipal de Baiona -naquela altura do Partido Popular- negouse a autorizar, terá lugar o vindeiro sábado 26 de outubro, ás doce da mañá, nun acto homenaxe ás familias que terá lugar no cemiterio municipal de Baiona na fosa común na que foron deitados os corpos sen vida destas nove vítimas da barbarie franquista:

– MANUEL ABALLE DOMÍNGUEZ,
– FELICÍSIMO ANTONIO PÉREZ PÉREZ,
– ELÍAS ALEJANDRO GONDA ALONSO “O Ghonda”,
– MANUEL FRANCISCO LIJÓ PÉREZ “O Lijó”,
– MODESTO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ “O Rei Chiquito”,
– FIDEL LEYENDA RODRÍGUEZ,
– JOSÉ RODRÍGUEZ GONZÁLEZ,
– MANUEL BARBOSA DURÁN e
– GENEROSO VALVERDE IGLESIAS.

Este acto de Homenaxe ás Familias forma parte do programa “A volta das nove” que o IEM, coincidindo coa celebración do seu XX Aniversario, desenvolverá durante este mes de outubro centrado na recuperación da memoria das mulleres que sufriron a represión franquista no Val de Miñor.

Anuncios