Máis de 60 maiores celebran en Nigrán o seu día cunha andaina

O Concello de Nigrán celebrou este martes 1 de outubro o “Día Internacional das Persoas Maiores” promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa) na que participaron máis de 60 xubilados. A xornada arrancou ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, con exercicios de quecemento a cargo da monitora Pilar Husling e posterior paseo pola Foz cantando cancións populares, volta por Monte Lourido e regreso ao punto de partida. A xornada rematou ás 12:00 horas con estiramentos e lanzamento de confeti.

O Concello de Nigrán súmase deste xeito, e por vez primeira, á campaña iniciada pola Organización Mundial da Saúde en 1999 por un envellecemento activo, acción na que participan maiores de tódolos continentes.

Anuncios