O CB Nigrán celebrará o vindeiro sábado día 5 de outubro a festa de presentación para esta nova tempada 2019/2020. Devandito evento terá lugar ás seis da tarde no Pavillón Municipal de Panxón, onde desfilarán os 11 equipos que competirán en liga esta tempada e que abarcan desde a categoría baby ata a categoría sénior.
Ao finalizar o desfile, terá lugar o primeiro encontro de liga desta nova tempada entre o equipo sénior masculino do CB Nigrán, campións de liga da pasada tempada, e o CB Puerto Vigo.
Ao acto están convidados diferentes entidades sociais, culturais, educativas e deportivas de Nigrán , así como diferentes responsables políticos.
Esta festa supón o pistoletazo de saída para que os equipos empecen as súas respectivas competicións despois de disputar os diferentes partidos amigables que se están organizando desde a dirección deportiva do club.

