40 voluntarios retiran 800 kg de lixo do Esteiro da Foz

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo á XII Limpeza Simultánea “Móllate polos Ríos”, coordinada pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo. Nesta ocasión participaron 40 persoas, o grupo de voluntarios máis numeroso ata a data, e entre todos reuniron vinte sacos con anacos de vidro (botellas fundamentalmente), plásticos, materias de pesca, pneumáticos…

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Dende entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do Esteiro de A Foz algo máis de dúas toneladas de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

Anuncios