
Despois de 30 anos o Vagalume pecha as súas portas este 30 de setembro. A primeira terraza no centro histórico de Baiona, as festas de fin de ano, os primeiros medievais, lugar de encontro cos amigos, familia, o último cartel de neón que queda na Vila.
Os seus propietarios queren dar as grazas a todos os clientes que lles acompañaron estas tres décadas e en especial aos traballadores, “eses camareiros incansables, algúns emblemáticos como o propio local: Eva, Carlos “o heavy”, Manu, Rafa, Víctor, Miguel, Joaquín, Martín, Rudi, Mico, Arturo…”.
Na primavera volverán cun novo proxecto diferente de café noutro local propio en Baiona.