Lorena Rodríguez e Diego Pérez, de Gondomar, subcampións de España de bolo celta mixto por parellas

Este fin de semana celebrouse en Camos o Campionato de España de bolo celta mixto por parellas. Este campionato pecha a tempada de bolo nacional. A clasificación final foi:

Campións de España: NOEMÍ GONZÁLEZ-CRISTIAN GARCÍA de LAcabose de Tineo-Asturias.
Subcampións: LORENA RODRÍGUEZ-DIEGO PÉREZ de Sobreiro-Gondomar.
Terceiros: os irmáns LARA e CRISTIAN RODRÍGUEZ de Xove-Lugo.
Cuartos: SANDRA SUÁREZ-MANUEL GONZÁLEZ (LU) de Villatresmil e LAcabose de Tineo.

A tempada 2019 a nivel nacional remata o próximo 12 en Cangas de Narcea-Asturias co torneo da vendima. Dende a Federación queren felicitar os campións de todos os torneos celebrados esta tempada e dar as grazas a todos os participantes pola súa deportividade e comportamento en cada un deles.

Anuncios