Sin categoría

Porto do Molle acolle esta fin de semana o VII Campionato Galego de Dupletas Mixtas

O Concello de Nigrán colabora coas Federacións Galega e Española de Petanca na celebración este fin de semana en Porto do Molle do VII Campionato Galego de Dupletas. O campionato, nun terreo adaptado fronte á ITV, bate récord de participación con 60 equipos inscritos e un total de 123 deportistas de diferentes categorías, tanto masculinas como femininas. Ambas xornadas arrancarán ás 10:00 horas e as 16:00. Constará dunha primeira rolda co Sistema Suízo Internacional de 5 partidas, clasificándose os 32 primeiros equipos, que xogarán eliminatoria directa ata a final. Os clasificados do 33 ao 64 disputarán un torneo de consolación en eliminatoria directa ata a final. Haberá medallas para as 4 primeiras dupletas.