Sin categoría

Peitieiros celebra as festas de San Miguel con Panorama e París de Noia

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra esta fin de semana as festas na honra de San Miguel. O sábado 28 de setembro a verbena nocturna estará amenizada polas orquestras Magos e Panorama. O domingo 29 ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda de Música Agrupación Musical de Vincios, que ofrecerá un concerto ao finalizar, e polo carro dos froitos tirado por unha parella de bois. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais “poxas” de San Miguel, e pola noite, as orquestras París de Noia e Função Pública.