Sin categoría

Gondomar súmase ao proxecto #ViolenciaZero na súa loita contra a violencia machista

Este sábado, a partir das 12:00 do mediodía, a Praza da Paradela converterase no escenario sobre o que se vai a desenvolver a performance “Un xardín por (re) construír”, a cargo da compañía Aporía Escénica e que escenificará a directora e actriz, Diana Mera. Esta representación enmárcase dentro do programa “Mulleres en Acción. #Violencia Zero”, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Con esta iniciativa o goberno de Gondomar suma unha ferramenta máis na súa loita contra a violencia de xénero e a condena aberta e rotunda a calquera acción relacionada con ela. O Concello de Gondomar únese a esta iniciativa, nada fai catro anos, que busca trasladar a espazos públicos esta denuncia buscando á súa vez unha implicación directa e maior das cidadás e cidadáns.

Ata o momento desenvolvéronse máis de 60 accións artísticas da man de 75 creadoras cun mesmo obxectivo: usar a arte, nas súas diferentes expresións, como medio para denunciar a violencia machista e avanzar no camiño que permita lograr sociedades libres de calquera acto deste tipo.

O programa busca “sentir para facer sentir” e “reflexionar para facer reflexionar” sobre unha dura realidade como é a violencia de xénero, que no que levamos de ano cobrouse a vida de case medio centenar de mulleres.

A directora e actriz da performance expón nela unha visión do seu propio corpo con muller “como Terra virxe, onde todo o vivo e inerte pode suceder…” un corpo que “como un ser estraño ningún pode definir e limitar, que se constrúe e destrúe polo simple pracer de improvisar.”

A performance desenvolverase a partir das 12:00 do mediodía do sábado, na Praza Paradela.