Nigrán retoma o Cineclub Alice Guy coa proxección este xoves de “Agenda oculta”

O Concello de Nigrán retoma o Cineclub Val Miñor Alice Guy coa proxección este xoves ás 20:30 no Auditorio Municipal da película “Agenda oculta” (1990), do director británico Kean Loach coa actriz Frances McDormand ou Brian Cox.

Irlanda do Norte, a comezos dos anos oitenta, Paul Sullivan e Ingrid Jessner, dous avogados norteamericanos que loitan en favor dos dereitos humanos, atópanse en Belfast investigando os malos tratos dos presos do IRA. Cando reciben unha información comprometedora para o Goberno Thatcher, Paul é asasinado, e unha cinta con información altamente secreta desaparece. O inspector asignado ao caso, o inglés Kerrigan, formará equipo con Ingrid para investigar os feitos.