Sandra Suárez e Belén Meitín proclámanse en Camos campioas de España de bolo celta por parellas

A fin de semana bolística que se celebrou en Camos-Nigrán finalizou co Campionato de España de bolo celta feminino por parellas. Este domingo celebrouse a fase final na que participaron un total de 8 parellas. A clasificación final foi a seguinte:

Campioas de España: SANDRA SUÁREZ (Villatresmil-Tineo-Asturias) – BELÉN MEITÍN (Xove-Lugo).
Subcampioas: SUSANA BARRERO (Tineo-Asturias) – JULIA LÓPEZ (Xove-Lugo).
Terceiras: NOEMÍ GONZÁLEZ (Lacabose-Tineo) – CARMEN ROCA (Xove-Lugo).
Cuartas: ROCÍO MENÉNDEZ (Los Serenos-Tineo) – PAULA LÓPEZ (Portameán-Baiona).

O próximo fin de semana coa disputa do Campionato de España de parellas mixtas a disputar en Camos, remata a competición nacional de bolo celta correspondente á tempada 2019.

Anuncios