Blanca Lago, do club Estivada de Baiona, proclámase campioa de España de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Todas as xogadoras.

Durante a xornada de hoxe celebrouse en Camos-Nigrán o Campionato de España feminino individual de bolo celta. Participaron un total de 18 xogadoras. A clasificación final foi a seguinte:

Campioa de España: BLANCA LAGO club de bolos Estivada (Baiona).
Subcampioa: PAULA LÓPEZ club de bolos Portameán (Baiona).
Terceira clasificada: JULIA LÓPEZ club de bolos Xove (Lugo).
Cuarta clasificada: SANDRA SUÁREZ club de bolos Villatresmil (Tineo-Asturias).
Quinta clasificada: CARMEN ROCA club de bolos Xove (Lugo).
Sexta clasificada: BELÉN RODRÍGUEZ club de bolos Rega (Baiona).
Sétima clasificada: DAVINIA DIOS club de bolos Portameán (Baiona).
Oitava clasificada: INMACULADA MENÉNDEZ club de bolos lacabose (Tineo-Asturias).

Mañá a partires das 10:00 horas, tamén en Camos, xogarase o Campionato de España feminino por parellas e a final do Campionato de España individual masculino de segunda.

Anuncios