Donas celebra as festas de San Cibrán

A parroquia gondomareña de Donas celebra esta fin de semana as festas na honra de San Cibrán.

O sábado 21 de setembro o grupo de gaitas Castro da Pedra Moura de Donas ofrecerá un pasarrúas. Pola noite, darán comezo as festas cunha verbena a cargo das orquestras Venezia e Passarela.

O domingo 22 ás 10:30 da mañá a Banda de Música Municipal de Redondela realizará o tradicional pasarrúas polo centro de Gondomar. Ás 12:30 horas celebrarase unha Misa cantada pola Coral Santa Eulalia de Donas seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, amenizarán a verbena nocturna as orquestras Miramar e Palladium.

O luns 23 ás 12:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola charanga Vai de Baile. A partir das 17:00 horas celebraranse as tradicionais cucañas, e pola noite, a verbena fin de festa estará amenizada pola orquestra Pontevedra.

Anuncios