
O goberno local de Baiona convocou este martes aos veciños para render homenaxe ás mulleres asasinadas en Valga. A Corporación ao completo, xunto cun centenar de veciños e veciñas, gardaron ás 12:00 do mediodía na Praza do Concello un minuto de silencio na honra das tres vítimas de violencia de xénero de Valga. O Alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, manifestaron a súa repulsa e condena a este tipo de actos, onde as mulleres adoitan ser sempre as prexudicadas.