Sin categoría

Nigrán tamén convoca un minuto de silencio polas tres mulleres asasinadas en Valga

O Concello de Nigrán convoca mañá martes á veciñanza e persoal municipal a asistir a unha concentración e minuto de silencio ás 10:00 horas diante da Casa Consistorial en memoria das víctimas do triplo crime machista de Valga e como sinal de rexeitamento a toda violencia de xénero. O Concello de Nigrán expresa o seu pesar por estes terribles asasinatos e reitera a súa absoluta condena á violencia machista.