Gondomar súmase ao minuto de silencio en memoria das últimas vítimas de violencia machista

O Concello de Gondomar sumarase mañá martes 17 de setembro, ás 12:00 horas, ao minuto de silencio que se convocou en diferentes concellos tras o tráxico suceso rexistrado na localidade pontevedresa de Valga, na que tres mulleres foron asasinadas a mans do ex marido dunha delas. Tras o minuto de silencio, que terá lugar na Praza Paradela, está previsto ler unha declaración de condena a este novo acto de violencia machista que no que leva de ano cobrouse a vida de 41 mulleres.

Anuncios