O AD Vincios Gondomar volve á competición europea ETTU Cup Men

FOTO: AD VINCIOS // Martín Pintos, Anxo Iglesias e Santi Prieto.

Un ano máis o AD Vincios Gondomar, tras obter a clasificación europea ao rematar sextos na Liga Española, volve á ETTU CUP MEN, competición onde participan os 40 mellores equipos europeos.

Esta fin de semana, sábado 14 e domingo 15 de setembro, o AD Vincios Gondomar se desprazou á cidade húngara de Pecs para disputar a primeira rolda desta competición na que se enfrontará a outros tres equipos europeos.

O equipo desprazou a Pecs a tres xogadores galegos, os gondomareños Martín Pintos e Anxo Iglesias, e o pontevedrés Santi Prieto. Tres novos xogadores sub23 representantes da canteira galega deste deporte, dándolles así a oportunidade de participar e adquirir experiencia neste tipo de competicións europeas do máis alto nivel, perderon 3-0.

Volveron xogar ás 19:00 co equipo suízo TTC Neuhausen, o resultado de 3-1 en contra do Vincios non reflicte axeitadamente o acontecido na mesa, xa que o equipo competiu a un gran nivel. Rematarán a competición nesta mañá de domingo contra o equipo local, o húngaro PTE PEAC Kalo-Meh, a priori o equipo máis forte do grupo.

Anuncios