Alberto González, do club San Cibrán de Gondomar, campión de España veterano de bolo celta

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // ALBERTO GONZÁLEZ

Este sábado xogouse en Camos o Campionato de España de bolo celta categorías veteranos e superveteranos. Participaron un total de 21 xogadores de Asturias, Galicia e Madrid. As clasificacións finais foron as seguintes:

SUPERVETERANOS

Campión de España: Jose A. Cachero de bolos La Jamonería de Asturias.
Subcampión: Ángel Paz de club de bolos Mañufe de Gondomar.
Terceiro: Regino Velasco de club Central Lechera Asturiana.
Cuarto: Antonio Menéndez do Centro Asturiano de Madrid.

VETERANOS

Campión de España: Alberto González de club de bolos San Cibrán de Gondomar.
Subcampión: Pedro Lago de bolos Estivada de Baiona.
Terceiro: Jose Camesella de bolos Urgal de Baiona
Cuarto: Alfredo Campo de Centro Asturiano de Madrid.

O domingo segue a competición co Campionato de España de parellas de veteranos de bolo celta no mesmo recinto deportivo.

Anuncios