Bai.senpulgas necesita albaneis para unhas obras na protectora

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Beatriz González e Lola Blach na zona dedicada ao paseo dos cánidos.

A protectora de animais Bai.senspulgas dedica este mes de setembro a realizar obras nas súas instalacións. Desde a Asociación informan que necesitan albaneis que poidan axudarlles e plaqueta para as paredes, xa que é necesario mellorar algunha zona que quedou atrás o ano pasado. Este mesmo sábado iniciarán os traballos.

“Estaremos todo o día traballando, se tes tempo libre e podes vir axudarnos sería xenial. Úrxenos todo isto, para o bo funcionamento do refuxio. En Chaín, Gondomar”, sinalan desde a protectora. Calquera que desexe colaborar pode contactar a través do correo electrónico protectora.baisenpulgas@gmail.com.

Anuncios