Sin categoría

Obradoiro de comunicación e interpretación na lectura na Biblioteca de Baiona

O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona acollerá o próximo mércores 18 de setembro ás 18:00 horas un obradoiro de comunicación e interpretación na lectura, falar en público e podcast, no marco do programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Neste obradoiro, que será impartido por Damián Alonso de Solovoz, darase aos participantes as ferramentas precisas para se enfrontar a calquera lectura (conto, lección didáctica, noticia, etc…) proporcionándolles seguridade en calquera ámbito oral e mostrando confianza aos seus oíntes. Hai dispoñibles 20 prazas para adultos e nenos a partir 8 anos. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente no teléfono 986 35 59 43 ou na biblioteca. En caso de non se cubrir as prazas, poderán asistir no mesmo día, os usuarios que non estiveran anotados previamente.