O Monteboi Bike Club organiza un Enduro polos montes de Baiona

Monteboi Bike Club organiza un Enduro o vindeiro domingo 29 de setembro, con saída ás 9:00 da mañá desde o Pavillón Municipal de Baiona. O percorrido será de 30 km aproximadamente cunha dificultade técnica e física media-alta, pasando polas comunidades de montes de Baredo, Baíña e Baiona. Haberá servizo de duchas, lavado de bicis, avituallamentos líquido e sólido, asistencia médica e ambulancia. O roteiro, non federado e non competitivo, inclúe seguro.

As inscricións, cun prezo de 12 euros, pódense realizar ata o 25 de setembro ás 00:00 horas ingresando o diñeiro na conta de La Caixa ES46 2100 1821 6502 0020 3045 e enviando copia do recibo máis o DNI a través de WhatsApp aos teléfonos 695 579 005 (Manuel) ou 637 350 096 (Kike). A entrega de dorsais será o mesmo día do roteiro de 8:00 a 8:45 no Pavillón Municipal de Baiona.

Será obrigatorio o uso de casco. Os menores de 16 a 18 anos deberán presentar unha autorización dos pais ou titores. Ao finalizar o roteiro haberá porco ao espeto e bebidas, ademais do sorteo de ceas e agasallos.

Anuncios