Localizan a un individuo gravando a mulleres na Praia de Patos cunha cámara oculta

A principios da pasada semana a Policía Local de Nigrán, grazas á colaboración cidadá, interveu na Praia de Patos, a un individuo, profesor universitario noutra Comunidade Autónoma, unha cámara fotográfica que tiña “camuflada” nunha caixa de zapatos, coa que estaba a realizar fotografías e vídeos de mulleres, co torso espido, no citado areal.

O material intervido, así como as dilixencias realizadas, traspasáronse ao Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, para a continuación da investigación e análise dos documentos dixitais incautados.

Anuncios