Peitieiros celebra as festas da Virxe dos Milagres coa orquestra Olympus

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe dos Milagres en Peitieiros.

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe dos Milagres. O sábado 14 de setembro a verbena correrá a cargo do grupo Ritmo e a orquestra Olympus. O domingo 15 haberá misas ás 9:00, 10:00 e 11:00 da mañá. Ás 12:30 será a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda Unión Musical de Valladares, que ofrecerá un concerto a continuación e pola noite amenizará a verbena xunto co grupo Aramio.

Anuncios