Gala 30 Aniversario da Escola de Danza Vila de Baiona

A Escola de Danza Vila de Baiona celebra este sábado 14 de setembro a súa Gala 30 Aniversario, a partir das 22:00 horas na Praza do Concello de Baiona, dentro da programación “Baiverán 2019”. Participarán como convidados o Grupo Tradicional Arume Boiro, Os Terribles de Donas, Alba Faro (A Moura), o Grupo Folclórico Cear Castromao e A Seneira, ademais da Aula de Teatro de Baiona (Non Si? Teatro). O evento conta coa colaboración do Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra.

Anuncios