O Cereixa recibirá ao Santiago Futsal en cuartos de final da Copa Galicia

O Coperfi Cereixa Gondomar FS xa ten rival de cuartos de final da Copa Galicia. O Santiago Futsal visitará o Pavillón Municipal de Gondomar, onde o equipo de Vincios, revelación do torneo, disputará un encontro histórico co club referente galego de todos os tempos.

Xa clasificados para as semifinais están o Parrulo (primeira división) e Noia FS (segunda división). Os outros semifinalistas sairán do encontro Xove FS (2B) – Burela FS Pescados Rubén (primeira división), e do que se clasifique en Gondomar.

Aínda sen data para a disputa do encontro, a cal se informará en breve, a noticia non podía esperar, o fútbol sala miñorán está de parabén.

Anuncios