Matías Rajo, do club A Rega de Baiona, subcampión de España de bolo celta xuvenil

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Matías Rajo.

Este sábado celebrouse en Camos-Nigrán o Campionato de España Xuvenil de bolo celta. Participaron xogadores de Asturias e Galicia. O cadro de honra final foi:

Campión de España. CRISTIAN PRIETO do club de bolos Froxais de Viana do Bolo (Orense).
Subcampión. MATÍAS RAJO de bolos A Rega de Baiona.
Terceiro clasificado. DANIEL ÁLVAREZ do club de bolos Baredo (Baiona).
Cuarto clasificado. RAÚL ROCHA do club de bolos Santiago de Parada (Nigrán).

Mañá continúa a competición co Campionato de España Xuvenil por parellas.