O luns volve o horario de inverno e a primeira hora gratis ao aparcamento do Aral

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Aparcadoiro do Aral.

O Concello de Baiona comunica que a partir do luns, día 9 de setembro, o aparcamento público do Aral comezará co horario de inverno. Abrirá dende as 7:00 ata as 23:00 horas, pechando polas noites. Ademais, todos os veciños poderán desfrutar da primeira hora de aparcamento sen custo de luns a venres, excepto festivos. Desta forma dará servizo aos pais que levan aos seus fillos ao colexio de Cova Terreña, ás persoas que teñan que acudir ao centro de saúde ou simplemente a todas as que vaian a realizar algunha compra ou xestión a Baiona.