Festas da Virxe da Luz en Vilaza

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe da Luz. O sábado 7 de setembro ao finalizar a Misa terán lugar as tradicionais “poxas”, e pola noite, a verbena estará amenizada polos tríos Mar de Arousa e Versus. O domingo 8 ás 12:30 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión, e pola tarde, a partir das 17:00 horas, celebraranse as cucañas.