Sin categoría

Nigrán roza e limpa 27 parcelas de propietarios descoñecidos con risco de incendio

A Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e as súas modificacións indican que “Cando non poida determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación á que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no que se incluirán os datos catastrais da parcela”. O Concello de Nigrán denuncia que estes pasos están xa dados por parte da administración local, que considera urxente e necesario actuar para evitar calquera desgraza e lamenta o retraso provocado pola negativa da Xunta de Galicia a asumir estas limpezas, “como si fai en outros concellos”.

Transcorridos os prazos sinalados neste artigo sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, a Administración pública competente poderá proceder á execución subsidiaria, atendendo ás necesidades de defensa contra os incendios forestais, especialmente respecto da seguridade nas zonas de interface urbano-forestal de montes, ou norma que a substituta, sen prexuízo da repercusión dos costos da xestión da biomasa á persoa responsable.

Nigrán tiña asinado coa Xunta de Galicia un convenio para que SEAGA se fixera cargo de dita execución subsidiaria pero sorprendentemente, segundo afirma o alcalde, Juan González, “a Xunta de Galicia determinou que Nigrán non era un concello prioritario na loita contra o lume. Este rexeitamento obriga ao goberno de Nigrán a contratar de xeito inmediato a unha empresa, ARBOGAL, para rozar e limpar 27 parcelas con propietarios descoñecidos e que presentan gran perigosidade. En total trátanse de 29.984,6m² cun custe de 16.214€ que terán que pagar os veciños e veciñas de Nigrán ante a negativa da Xunta de Galicia a executar o convenio acordado”.

“Non parece moi acertado, despois do ocorrido en outubro de 2017, aseverar que Nigrán non é un concello prioritario na loita contra o lume, somos conscientes de que dende a Xunta de Galicia moi poucas van a ser as axudas que vai percibir Nigrán nos próximos anos e por iso decidimos seguir adiante pola nosa conta porque si trátase dunha necesidade urxente e necesaria”, afirma o alcalde, Juan González.

“É unha evidencia que Nigrán xa leva catro anos sen ser unha prioridade para a Xunta de Galicia e empezamos a constatar que así seguiremos nos seguintes catro, sexa como sexa para o goberno de Nigrán si é imprescindible proceder de xeito inmediato á limpeza e roza de parcelas que supoñen un posible risco para os nosos cidadáns. Con esta contratación levaremos a cabo o roce de 30.000m2 nas diversas parroquias de Nigrán cun custe de 16.214€ que intentarase repercutir nos propietarios das parcelas”, conclúe González.

2019-09-04 - image1 (1)