Sin categoría

Javichu ficha polo Gondomar CF

O polivalente de 25 anos Javier Iglesias Álvarez, natural de Vincios, convértese na décimo quinta fichaxe do equipo de Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Valadares até os once anos, posteriormente recalou no Celta de Vigo, antes de asinar polo Rápido de Bouzas de Terceira División. Alí estivo unha tempada ata que recalou no Gondomar. Una lesión apartouno dos terreos de xogo e agora, con máis gañas que nunca, volta ao seu Club.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “apostei polo Gondomar por dúas razóns, a primeira é porque teño moi bos recordos dos anos que estiven aquí. Tiñamos un moi bo grupo tanto futbolístico como a nivel de vestiario, tamén moi boa relación con todos os directivos. Éramos un equipo que íamos todos ao mesmo e de aí que estivésemos ata o final pelexando por un ascenso á Terceira División. A segunda é porque cando me dixeron que o Gondomar estaba en segunda rexional non o cría, é un equipo que lle teño moito aprecio xa que sempre me trataron moi ben, e penso que entre todos temos que devolver a este Club a onde se merece estar, e ese sitio non é a segunda rexional”.

“Ao ser a miña segunda etapa aquí practicamente non me chama a atención nada en especial, xa que quitando a directiva e xogadores, practicamente todo sigue igual. Está claro que todo son caras novas e pouco a pouco terei que ir coñecendo e collendo confianza tanto con xogadores e corpo técnico, como coa directiva. O que me gusta de este club e que inda que o equipo houbese descendido, a xente que está nas Gaiandas e os domingos segue a ser a mesma, e iso é digno de admirar, así que esperemos darlle algunha alegría este ano”.

“Á afección dicirlle que volvo ao Gondomar coas mesmas ganas coas que vin fai 5 anos por primeira vez. Sempre me sentín querido por todos e cada un deles así que espero responderlles dando o mellor de min para poder conseguir, entre todos, o obxectivo desta tempada, que eu penso que non pode ser outro que o ascenso para, como dixen antes, devolver pouco a pouco o Gondomar o sitio no que debe estar. Veño con moitas ganas e xa desexando que chegue o día 8 pa empezar a liga”.