O polígono de Porto do Molle e o Centro Cultural Bolos da Carrasca acolle este sábado o XIX Torneo de Petanca Concello de Nigrán, organizado directamente polo consistorio e coa participación de clubs de toda Galicia. En total, disputarán o trofeo 40 equipos de tripletas masculino e 20 feminino, reuníndose máis de 200 xogadores/as. A competición arranca ás 09:30 da mañá e estenderase durante todo o día, estando prevista a entrega de trofeos ás 21:00 horas. No evento, autorizado pola Federación Galega de Petanca, colabora a Deputación de Pontevedra.
“Sen lugar a dúbidas o Torneo de Petanca Concello de Nigrán é xa un clásico despois de cumprir 19 anos e achegar a este municipio a máis de 200 deportistas. A colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo e o bo facer e co-organización do Club Bolos da Carrasca fan que este ano dupliquemos a participación en relación a anos anteriores e que poidamos pensar que en 2020 coa celebración da 20 edición sexamos quen de convertelo nun evento a nivel nacional”, declara o Alcalde de Nigrán, Juan González.

