O Concello de Nigrán vén de conceder 45.000 € ás entidades deportivas, culturais e veciñais. O Concello de Nigrán realizou un ano máis a convocatoria co obxecto de apoiar o desenvolvemento de programas ou actividades das entidades e que complementan a programación dos servizos municipais e que se realizan con carácter público en Nigrán durante o ano 2019.
Para as actividades de fomento da práctica deportiva concedéronse 22.000 € a 15 entidades e 5.200 € a outras 11 no apartado de fomento do deporte; destínanse 7.300 € a cinco entidades culturais e 10.000 € a 8 entidades polo fomento do Asociacionismo.
“Para o goberno de Nigrán é un compromiso e unha convicción apoiar ás entidades que co seu traballo fan posible un municipio onde o deporte, a cultura e o asociacionismo sexan unha prioridade”, sinala o alcalde, Juan González.

