Os interesados en facer a matrícula da Escola de Música Municipal de Baiona para o curso 2019/2020 poderán facelo ata o 20 de setembro. A matriculación levarase a cabo no propio centro situado na rúa Alférez Barreiro nº20-21, onde os interesados terán acceso aos impresos correspondentes.
Os nenos de 4 a 6 anos poderán matricularse na materia de música e movemento. Esta disciplina é a ideal para os máis pequenos xa que aprenden de forma dinámica e lúdica os coñecementos que os preparan para as clases musicais adultas. Traballan a psicomotricidade, realizan coreografías…
A partir dos 6 anos, son moitos os instrumentos que poderán escoller, entre os que se atopan: clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, violín e viola. Tamén se imparten clases de canto e coro. Máis información no teléfono 986 35 60 81.

