Sin categoría

Homenaxe en Gondomar á mestra Marila Suárez Amarelo

O sábado no patio da escola de Guillufe de Morgadáns (Gondomar) alumnado, familias e profesorado xuntáronse para celebrar a xubilación da mestra Marila Suárez Amarelo. Desempeñou a súa labor docente na escola de Guillufe, que logo foi aula do CRA Antía Cal, durante vinte e catro anos, e logo no CEIP Chano Piñeiro de Gondomar. Deixou unha forte pegada na comunidade educativa polo seu compromiso, paixón e iniciativa docente. Ademais da súa calidade emocional e afectividade incondicional que a fan merecedora do agarimo e ledicia que o sábado viviron todas as persoas que asistiron á celebración.