Conferencia de Enrique Montenegro Rúa sobre Santa Eulalia de Bóveda en Ramallosa

Este luns, 2 de setembro, o Mercado da Tía Ni organiza ás 18:30 horas na Ramallosa (Avda. de Portugal, 35) unha conferencia sobre Santa Eulalia de Bóveda por Enrique Montenegro Rúa. Expoñerase unha visión xeral dos argumentos que definirían ao afamado monumento lucense como un suntuoso sepulcro romano.

Para o que, detallaranse algúns dos aspectos da arqueoloxía funeraria que permitan establecer esta relación funcional, tanto desde un punto de vista arquitectónico como das diferentes mostras decorativas conservadas en baixorrelieves e na pintura mural.

Ademais, incidirase no programa simbólico e iconográfico dos diferentes motivos identificados que poderían estar a vincular ao monumento con ritos funerarios dionisíacos. Todo iso penetrándose nos principios artísticos e ideolóxicos da Antigüidade clásica tendo sempre presente as súas fontes históricas e literarias.

Anuncios