O portal náutico de Unidad Editorial Nauta 360 foi distinguido este ano co Premio Mariano Augado de Comunicación dos Premios Nacionais de Vela Terras Gauda pola súa gran contribución na difusión das principais noticias que se producen sobre o deporte da vela e o sector náutico en España.
O xurado que outorga os galardóns quixo recoñecer a traxectoria de Nauta 360 desde que en 2011 soltou amarras baixo o paraugas de Unidad Editorial (El Mundo, Marca e Expansión) ata converterse nunha das referencias craves da información especializada en España.
Os seus preto de medio millón de lectores únicos mensuais, cunha porcentaxe de 80-20 de nacionais e internacionais, fan de Nauta 360 una das plataformas con máis audiencia dos portais náuticos españois, que acceden a ela a través da portada dixital de Expansión, onde ten unha sección fixa.
Aos mandos do portal atópanse Héctor Atienza e Alberto Más, que centran o seu traballo en dúas liñas de información: a actualidade deportiva máis relevante (Copa América, Ocean Race, Vendée Globe, Copa do Rei, vela olímpica…) e as grandes novidades do mercado náutico (produtos, eventos, salóns…), que abordan cunha filosofía editorial que busca a sinxeleza e a claridade no relato.
Unhas directrices que se mantiveron desde que, en 2004, creouse o suplemento “Náutica” do diario El Mundo, pioneiro nos medios de comunicación xeneralistas en España e xerme do que, tras diversas evolucións, é na actualidade Nauta 360.
O xornalista Alberto Más, un dos coordinadores do portal, será o encargado de recoller o premio nunha gala que se celebrará o próximo 7 de setembro no Monte Real Club de Yates de Baiona.


