Dous feridos, un deles un menor, tras sufrir unha caída de moto en Gondomar

Unha caída de moto no concello de Gondomar deixou esta tarde dúas persoas feridas. O accidente ocorreu ás 17:30 horas. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia de dúas persoas feridas, unha delas un neno, tras sufrir unha caída de moto á altura do colexio de Donas, no Souto. Con estes datos, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén, informou á Policía Local e aos efectivos do GES e de Protección Civil de Val Miñor.