Encaixamos organiza unha cea baile

Encaixamos (Asociación de Persoas con Discapacidade do Val Miñor) organiza unha cea baile o vindeiro venres 13 de setembro no Restaurante O Muíño de Sabarís a partir das 21:30 horas. O menú, cun prezo de 20 euros, inclúe empanada, tortilla, táboa de embutidos (lombo, chourizo, queixo e xamón), churrasco mixto (porco, tenreira e polo), bebidas, sobremesa e café. A velada estará amenizada polo cantante Roberto Caco. Máis información e reservas nos teléfonos 696 716 227 (Ana María) ou 617 819 297 (Yago).

Anuncios