Castro e Ladeira organiza un curso de patronaxe, costura e confección

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza un curso de patronaxe, costura e confección, que será impartido os martes de 16:30 a 18:30 horas. Os participantes adquirirán coñecementos básicos de tecido, estendido de teas, costura básica, aprendizaxe de máquina de coser e costura manual e a máquina, introdución ao patronaxe e confección de pezas básicas e nocións básicas de escalada. O prezo do curso é de 26 euros ao mes. Máis información e inscricións no teléfono 659 32 57 68.

Anuncios