Teatro Sensitivo en Baiona

A compañía Teatro Lohengrín presenta este martes 27 de agosto en Baiona, ás 21:30 horas na Capitanía Marítima, o seu novo espectáculo “Coa mirada nas súas mans”. Trátase dun traballo moi particular, incluído na programación Baiverán 2019 organizada pola Concellería de Cultura.

Despois de velo en formato micro. É o segundo proxecto dunha triloxía sobre distintas miradas. Primeiro coñecemos (A mirada das bolboretas) buscando esa mirada infantil que todos temos no noso interior. Agora (Coa mirada nas súas mans) descóbrenos as intimidades de dúas mozas, as súas dúbidas e medos ao principio dunha relación. Unha delas cega encerrada na súa casa, mentres que a súa parella dubida mentres un ex noivo acósaa con mensaxes.

Coa particularidade de ser unha historia pensada para sentila ou vela doutra maneira. Adaptada para público cego, ademais de dar a oportunidade ao resto de vela cos ollos tapados ou de forma tradicional. A historia é breve contando co tempo que se esta cos ollos tapados, que se complementa cun coloquio onde os asistentes poden comentar as súas sensacións coas artistas.

Semana inclusiva

Esta semana para ir pechando a programación do Baiverán 2019, a Concellería de Cultura de Baiona quixo facer unha chiscadela a todo o que supoña a inclusión. Ademais do Teatro Sensitivo deste martes, adaptado para cegos, proxectarase o sábado 31 a película “Campeones”, ás 23:00 horas na Praza do Concello. Antes de comezar, os asistentes poderán ver un curto realizado polos usuarios e usuarias do Centro Juan María de Parada. Para rematar, o domingo día 1 de setembro, celebrarase o Día Mundial da Fibrose Quística, cunha chea de actividades ao longo de toda a xornada.

COA MIRADA NAS SÚAS MANS

Anuncios