Kevin Herrera, novo xogador do Gondomar CF

O lateral zurdo de 22 anos Kevin Stif Herrera Vargas, natural de Medellín (Colombia) e afincado en Vigo, convértese en novo xogador do equipo que prepara Víctor Santos. Formado nas categorías inferiores do Vida y Paz, chegou a España na etapa de cadetes, e continuou a súa formación no Rápido de Bouzas, até volver a Colombia por motivos persoais e recalar no Molino Viejo.

Agora, co obxectivo de volver a primeira, destacou que “decidín vir ao Gondomar porque ante a miña volta, Manu púxose en contacto comigo e falamos. Vin adestrar e desde o inicio todo foi interesante, foi duro para min este proceso porque estou baixo de forma física, pero sempre o suplo con boa actitude. Os adestradores e directivos axudáronme moito e grazas a Deus dáseme a oportunidade de fichar por un Club con tanta historia. O que máis me chama a atención do Club é a enerxía que hai, sempre hai boas vibracións, os adestradores son moi bos, e no pouco tempo que levo aprendín cousas. O recibimento que me deron ao chegar foi moi acolledor, sentinme como na casa desde o primeiro día, e é un Club moi ordenado, esixente, serio e sobre todo, que respectan aos integrantes e iso é moi importante, é unha honra poder facer parte deste persoal. Á afección quérolles dicir que son un guerreiro, e que esta tempada imos con toda, necesitamos moito apoio desde as bancadas. Deixarei todo por este Club, nunca me renderei, disputarei cada balón a matar e sempre deixarei a pel por esta camiseta. Farei o posible xunto cos meus compañeiros de darlles moitas alegrías como recompensa ao apoio, é un orgullo formar para desta marabillosa institución”.